A Dorna anuncia que non haberá actividades na rúa e fai un chamamento á responsabilidade

María Xosé Blanco Giráldez
M. X. Blanco RIBEIRA

RIBEIRA

MARCOS CREO

A entidade estuda levar a cabo algunha proposta nun recinto pechado, para emitir vía Internet

08 jun 2020 . Actualizado a las 12:12 h.

Espertara certa polémica co último comunicado, no que anunciaba catro días de festa e a posibilidade de levar a cabo algunha proposta con aforo reducido, pero a Real e Ilustre Cofradía da Dorna ven de anunciar que non haberá actividade algunha na rúa e sinala que en ningún momento tivo intención de poñer en risco a saúde da xente. Desde a entidade explican que o plan que está agora mesmo enriba da mesa para por levar a cabo unha singradura simbólica, coa realización de algunha iniciativa nun recinto pechado e sen público, que sería emitida en streaming para que os dorneiros puideran gozar dela desde as súas casas.

Pero a Real e Ilustre advirte de que se aínda así percibe un mínimo risco, procederá á cancelación automática de todo o programa. A confraría pídelles aos dorneiros e á poboación en xeral que manteñan un comportamento exemplar durante os días nos que foi fixada a singradura número 72, do 23 ao 26 de xullo, co fin de que non haxa actividades irresponsables que poidan manchar o bo nome da Dorna.