Insa do Camallón


Nestes días de choiva e de tempo desapracíbel, a cabeza cantarúxame un tema de Milladoiro, Ila vai ó mar, o cal celebra a botadura dunha dorna a percorrer os líquidos sendeiros. O nome desa dorna, Ila, constitúe unha variante de illa, termo que provén do latín insula, verba que significa cacho de terra rodeado de auga. O cultismo castelán ínsula preservou a acepción latina, pero tamén a aplicou a localidades de escasa entidade gobernamental (non se nos esquece a ínsula Barataria que don Quixote prometía constantemente a Sancho como mercé polos seus servizos).

No meu pobo, as illas chámanse insas. Entre as insas destaca o Camallón, unha especie de illote onde dous penedos se enganchan nunha bagoada. O Camallón representa a imaxe marítima dun vocábulo netamente agrícola, xa que a palabra camallón fai referencia á parte alta do xugo que suxeita este ao arado.

Ademais da peripecia etimolóxica, o Camallón supuña, para os rapaces do meu pobo, a meta cando nadaban despois de teren chupado da Visera, un con medianeiro, ou do Castelo, a rocha das rochas que preside o porto de Palmeira.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Insa do Camallón