Tras comunicalo á Policía Nacional, aínda que os boletos resultasen premiados non poderían ser cobrados
19 dic 2019 . Actualizado a las 14:12 h.A Real e Ilustre Cofradía da Dorna vén de denunciar a desaparición dun total de 25 participacións da súa lotería de Nadal. O número trátase do 02407, pero os boletos extraviados van dende o 3.651 ata 3.675.
Fontes da directiva agradecen calquera información e sinalaron que este feito foi denunciado ante a Policía Nacional e que aínda que estas participacións resultasen premiadas non poderían ser cobradas de ningunha forma.