Ribeira despegou coa ironía por combustible

A. Parada RIBEIRA / LA VOZ

RIBEIRA

festa da dorna voo sen motor. vuelo sin motor 2019
carmela queijeiro

O Voo Sen Motor da Festa da Dorna coronouse cunha edición para enmarcar

23 jul 2019 . Actualizado a las 15:20 h.

Imaxinan unha pista de despegue capaz de reunir a animais mitolóxicos, Rosalía lanzándose ao mar Con altura, un equipo de quidditch vasoiras en man, un bote de Red Bull transformable nunha botella de licor café e ata a un alcalde pasado pola quilla tras dar un discurso? Nada estraño se falamos do municipio coruñés de Ribeira e da celebración que fai que o eco do seu nome resoe ata no recuncho do mundo menos pensado. Esta foi a carta de presentación dunha nova edición do Jran Premio Ícaro de Voo Sen Motor da Festa da Dorna de Ribeira.

Ante un ateigado peirao deste municipio coruñés, as obras desta singular enxeñería aeronáutica -a base de cartón, papel, madeira e moita ironía- das distintas peñas que compoñen a marea dorneira comezaron a desfilar entre aplausos. Unha vez máis, non faltaron as alusións ao audiovisual como a alfombra de Aladdin dos Tabeiróns Caralludos e o gran protagonista, Juego de Tronos. Destacou o dragón violeta feminista dos Piratas da Tasca, o impoñente Drogon dos Berberechos Asesinos e ata un roedor reconvertido neste coa sinatura dos Ratos da Illa.

carmela queijeiro

Foi unha listaxe perfecta para a ballesta dos Pintos, que levou como virote ao campión mundial de parataekuondo Álex Vidal, pero tamén houbo grandes doses de crítica social. Entre elas a do hidroavión dos Corsarios do Barbanza contra os lumes forestais ou o xigantesco peixe repleto de plásticos das Caracolas en Sirolas para denunciar o problema da contaminación dos océanos.

festa da dorna voo sen motor. vuelo sin motor 2019
carmela queijeiro

Houbo olladas internacionais, como a catedral de Notre Dâme ardendo das Rabalisas Morren da Risa, pero tamén clásicos locais como un inmenso galiñeiro de Arría o Jallo! do que o polo saíu disparado en patinete.

O alcalde mollouse

O peche desta edición recaeu en Tocando Fondo que contou cun recoñecido invitado, o rexedor Manuel Ruiz. Diante dun atril de cartón realizou unha intervención na que aludiu ao seu homólogo vigués, Abel Caballero, xa que «decidimos facerlle a competencia coas cousas favoritas de don Abel».

carmela queijeiro

Ruiz demostrou que Ribeira non ten nada que envexarlle aos olívicos, acompañado de dous dinosetos de carne e oso e dunha alta árbore de Nadal «anfibia» que alumeou un remate épico.