A toda mecha pola Costa da Mámoa

Avións, peixes, alfombras voadoras e ata unha estación de buses foron algunhas das carrilanas que desfilaron por Ribeira


A imaxinación das peñas dorneiras non ten límites, xa sexa para deseñar un artefacto para voar, navegar ou para baixar a toda mecha pola Costa da Mámoa, aínda que, ben é certo, que algunhas das carrilanas que onte participaron no Jran Prix das Festas da Dorna ían a unha velocidade de cruceiro. Sen embargo, houbo tempo para os derrapes, os adiantamentos ao límite, e tamén para algúns encontronazos na liña de meta.

Co actor Manuel Manquiña como invitado especial e presentador, foron desfilando pola costa ribeirense máis de trinta vehículos de todo tipo. Non faltaron os avións e helicópteros, as furgonetas do Equipo A, varios coches de choque e ata unha pista de cochiños e unha alfombra voadora. As alusións ao mar tamén estiveron presentes nesta edición da carreira de carrilanas dorneiras, por onde pasaron desde pirañas e tiburóns ata robalizas ou nasas.

O mundo da repostería estivo ben representado cun vehículo en forma de brazo de xitano «da Maricola», e para seguir abrindo o apetito tamén houbo un polo xigante. Aínda que si de tamaño hai que falar, pola proba de onte correu ata unha réplica da antiga estación de buses, unha carrilana que pechou o Jran Prix e que tivo como pasaxeiro de honor ao propio Manquiña.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Tags
Comentarios

A toda mecha pola Costa da Mámoa