Paellada solidaria e última asemblea da singradura número 71

M. X. B.

RIBEIRA

MARCOS CREO

Hoxe, ás 20.00 horas no adro da igrexa, volverase a montar o posto para a venda dos suadoiros

12 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A singradura número 71 da Dorna estoupará en Ribeira o vindeiro xoves, pero a Real e Ilustre ten fixadas varias citas para estes días. A primeira, hoxe ás 20.00 horas no adro da igrexa, onde se volverá a montar o posto para a venda dos suadoiros. Será a derradeira ocasión de facerse coa prenda máis demandada na cidade cada mes de xullo.

Para mañá hai convocada una iniciativa solidaria e gastronómica: unha paellada na rúa Alcalá Galiano que empezará a servirse ás 14.00 horas. Os fondos que se recaden irán a parar á hucha do fondo social dorneiro.

Logo, ás 19.30 no estaleiro dorneiro, as peñas están citadas para a última asemblea. Darase a coñecer o programa desta singradura.