Baleíña e mais Gavotiña


O termo baleíña, diminutivo de balea (do latín ballaena, derivación fonética do grego phállaina), bautiza un con que se atopa na zona do Baluarte, praia de Palmeira situada á beira do peirao.

A palabra gavotiña, diminutivo de gaivota (do latín gavia, cuxa orixe indeterminada seguramente constitúa un localismo de carácter onomatopeico) fai referencia a un penedo emplazado no rochedo palmeirán do Camallón.

A entrambas penas se apela cun zoónimo, isto é, cun nome de ser vivo, pertencente á fauna mariña ou relacionada co mar. Entrambas rochas son empregadas como marcas pesqueiras, é dicir, sinais que utilizan os mariñeiros para acoutar bancos de peixe, neste caso en caladoiros de baixura.

Alén do seu sentido xeográfico, os vocábulos baleíña e mais gavotiña posúen no meu corazón, porén, un significado íntimo que ten que ver co nome das dornas do meu tío Andrés -Gavotiña- e, sobre todo, do meu avó -Baleíña-, a cal varou a miña nenez nos areais de Palmeira.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Baleíña e mais Gavotiña