Salto de Dereito a Historia


Miguel A. Vidal Lojo nace en Ribeira o 28 de maio de 1971. Logo de cursar estudos de EXB no colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras remata bacharelato e COU no Instituto Nº 1 de Ribeira e na Universidade de Santiago a licenciatura en Prehistoria e Arqueoloxía, amais de varios cursos de doutoramento e o de experto en Planificación e Desenvolvemento Local na Universidade de A Coruña. Na actualidade é o director da Sala-Museo e coordinador dos museos municipais de Ribeira.

Considérase de Castiñeiras, onde residiu na súa infancia pero, a cabalo da súa bicicleta, percorreu lugares emblemáticos da súa actual profesión como o monte da Garita, da Cidade, Couso, O Touro, a Ameixida, A Curota ou o Iroite. Nin estas aventuras nin as viaxes con seu tío escoitando rock nos ´70 -Pink Floyd, Aerosmith ou The Doors- espertaron a súa paixón pola arqueoloxía: o destino fixo que abandonase os estudos de Dereito e pasase á Facultade de Historia, algo do que a cidade centenaria de Santa Uxía de Ribeira sae beneficiada: perdeu un xurista pero ganou un historiador.

Vinculacións

Sempre vinculado laboralmente co medio e a arqueoloxía, participou en escavacións en Galicia e Portugal con intervencións en dolmens como o de Rebullón en Vigo, xacementos da Idade de Bronce, castros como Montealegre, en Moaña, Porto Baixo ou a Cidade en Ribeira, e incluso o menhir de Pedra Fincada en Marín.

Conta con varias publicacións en revistas científicas sobre a prehistoria, megalitismo e o calcolítico e ten no prelo un traballo xurdido do congreso de arqueoloxía da Universidade de Porto onde participou como poñente o ano pasado. Con Anabel Bello, publicou o libro La capilla de Serantes, pequena capela gótica no camposanto de Serantes onde está soterrado Torrente Ballester, o edificio conservado en pé máis antigo de Ferrol.

Libros preferidos

Recoñece que o ensaio é o seu xénero literario e o interese pola orixe do ser humano dende unha perspectiva filosófica, antropolóxica, biolóxica e sociolóxica é a súa lectura cotiá. Está a ler unha pequena autobiografía de Darwin, naturista inglés que admira pola súa humildade pese ao recoñecemento científico acadado pola súa teoría da evolución.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Salto de Dereito a Historia