Néstor Rego quere recuperar en Madrid a voz do sector pesqueiro

j.m. jamardo RIBEIRA/LA VOZ

RIBEIRA

jamardo

O candidato do BNG ó Congreso estuvo en Ribeira cos alcaldables do seu partido

25 abr 2019 . Actualizado a las 20:17 h.

Os partidos políticos apuran os últimos días de campaña ás eleccións xerais que terán lugar o domingo. Un deles é o BNG. O seu candidato, Néstor Rego, estuvo en Ribeira para falar do seu programa e tamén da importancia que ten o voto nacionalista para defender «os intereses de Galiza en Madrid». O frentista estuvo arroupado polos cabeza de lista de Santa Uxía, A Pobra, o secretario comarcal, Luis Pérez, e o candidato ao Senado, Xosé Deira.

Rego insistiu na importancia de que o seu partido teña representación na capital de España para defender os intereses «desta comarca, moi vinculada ao mar». Fixo referencia a Rosana Pérez, que foi deputada e «unha voz de todos os galegos». Comentou que Galicia «está pagando un prezo moi elevado por non ter voz no Congreso. Proba delo foron os debates dos políticos que non fixeron ningunha referencia á nosa conmunidade cando de outras si que o fixeron».

Criticou que nos investimentos solo haxa para Galicia uns 750 millóns de euros, «a terceira parte que hai dez anos». A perda de peso nas decisións en Madrid quedou «demostrado recentemente nunha comisión permanente do Parlamento. Había 65 deputados e un deles era vasco, que arrincou catro concesións para a súa comunidade. Había catro galegos que non abriron a boca para reclamar melloras para o noso país. Se houbera algún do BNG seguro que conseguiríamos algo».

A pesca foi un dos principais tamas abordados por Néstor Rego. Dixo que nos últimos 30 anos Galicia padeceu as «políticas de destrución decididas en Madrid e Bruselas. Somos a terceira flota máis importante do mundo». Criticou os problemas que están a padecer os sectores do xeito e do cerco con continuos recortes e «están acabando coa viabilidade dunha flota respectuosa co medio».

Unha vez máis recordou que queren estar en Madrid para ser «a voz de todos os galegos e tamén dos mariñeiros e mariscadores é non e normal que os asuntos da nosa costa se decidan en despachos da capital de España». En caso de ter presenza na Cámara Baixa, «estaremos en contacto permanente coas confrarías e cas entidades mariñeiras para coñecer os seus problemas e defendelos no Parlamento». Por último, insistiu na defensa dos produtos da pesca e tamén do mexilón e reclamou que «non se permita vender molusco procedente doutros paìses coma se fose galego».