Reincidentes súmase ao cartel do Rock and Dorna

M. X. B. RIBEIRA

RIBEIRA

CARMELA QUEIJEIRO

A formación de Sevilla ofrecerá un concerto na cidade ribeirense o 23 de xullo

12 abr 2019 . Actualizado a las 14:30 h.

Estaba confirmada a presenza de Dakidarría e de Boikot na vindeira singradura da Dorna, a número 71, e a estas bandas a Real e Ilustre vén de engadirlles outra. Trátase de Reincidentes, o grupo de música rock e punk orixinario de Sevilla que se caracteriza polas súas cancións críticas, nas que trata temas de actualidade coma o dereito ao aborto, o maltrato ou o consumismo. A formación actuará o 23 de xullo en Ribeira, no marco do Rock and Dorna.

A Real e Ilustre tamén anunciou que está a piques de rematar o prazo para que os colexios e asociacións se sumen ao Adorna Ribeira, unha iniciativa que xa se levou a cabo o ano pasado, cando a cidade se encheu de flores dorneiras. Nesta edición, os participantes na iniciativa realizarán dornas. Haberá 500 euros para a obra da mellor entidade ?o ano pasado gañou a residencia?, mentres que os 500 reservados aos centros educativos serán doados a un proxecto solidario.