O BNG preséntase para liderar o cambio en Ribeira, Boiro e Noia

Luís Pérez Barral será o dous na candidatura de Vázquez Cobas e Carlos Branco Ansoar, a man dereita da boirense Raquel Suárez


Ribeira / La Voz

A maquinaria política do BNG funciona xa a pleno rendemento coa mirada posta nas citas electorais que están por vir. A formación nacionalista presentou oficialmente as súas candidaturas ás municipais en Ribeira, Boiro e Noia cun obxectivo común: ser a forza do cambio nestes concellos.

A intensa fin de semana para os nacionalistas comezou na noite do venres, coa posta de longo da lista que acompañará a Raquel Suárez no seu segundo intento por acadar a alcaldía de Boiro. Os propios integrantes da candidatura, que comparten históricos militantes e caras novas, foron presentándose un a un. Rebeca Romero, Ricardo Vázquez e Raquel Martínez foron algúns dos nomes que se deron, ata chegar a Carlos Branco Ansoar, que será a man dereita de Suárez, quen dixo que traballará por «un Boiro para todos».

Néstor Rego, número un do BNG ao Congreso, arropou a Ricardo Suárez na súa estrea oficial como candidato en Noia. Acaba de chegar á política, pero o cabeza de cartel para as municipais ten claro que pretenden «liderar o cambio» con propostas coma un plan forestal ou liñas de colaboración con outros concellos para sanear o Tambre.

Liñas de traballo

A última cita do Bloque na comarca tivo lugar onte en Ribeira, onde Xosé Vázquez Cobas deu a coñecer os nomes das persoas que o acompañarán. Luís Pérez Barral e Cruz Rivadulla serán o dous e o tres dunha lista con varios independentes.

Vázquez Cobas subliñou a súa confianza neste equipo: «Estamos en condicións óptimas de poder liderar un novo goberno transformador co que devolverlle a voz á veciñanza». Sobre as liñas de goberno, destacou que o obxectivo é lograr unha Ribeira «accesible, verde, con emprego e onde as parroquias conten».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
12 votos
Comentarios

O BNG preséntase para liderar o cambio en Ribeira, Boiro e Noia