José Manuel Vilas: «Aportamos solucións aos problemas da xente»

Ana Gerpe Varela
a. Gerpe RIBEIRA / LA VOZ

RIBEIRA

07 mar 2019 . Actualizado a las 16:03 h.

Por segunda vez, José Manuel Vilas volverá presentarse a unhas primarias. Concorre ao proceso co obxectivo, afirma, de continuar o traballo iniciado hai catro anos a nivel municipal.

-Cales son os eixes fundamentais da súa proposta?

-Queremos darlle un novo impulso a Ribeira para reafirmar a súa posición como cabeceira de comarca. O noso propósito é conseguir un grupo municipal potente.

-Que o leva a presentarse ao proceso de primarias?

-Para consolidar os proxectos iniciados, impulsando a accesibilidade, a mellora dos servizos, a creación do polígono industrial ou de áreas de rehabilitación en localidades como Santa Uxía, Palmeira, Corrubedo ou Castiñeiras.

-Como ve a situación do partido no municipio?

-Somos un partido crítico e o debate de ideas é positivo. Aportamos solucións aos problemas da xente, estivemos ao pé da rúa cos veciños. Nestes catro anos fixemos unha oposición responsable e considero que consolidamos a nosa posición.

-Que pode aportar?

-Experiencia, serenidade e unha traxectoria de traballo levada a cabo neste mandato, pero tamén con anterioridade.

-No caso de resultar elixido vostede, é partidario dunha candidatura de integración?

-Dende logo, porque o importante sempre é que poidamos sumar forzas.

jOSÉ VILAS Y TOMÁS BARAJAS