Uns 40 colectivos apoian que o paseo de Palmeira leve o nome de Plácido Betanzos

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

RIBEIRA

SIMÓN BALVÍS

A corporación ribeirense debaterá a proposta no pleno do luns

24 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A falla dun día para que teña lugar en Ribeira a sesión plenaria na que se debaterá a proposta de denominar ao paseo marítimo ou a unha rúa de Palmeira co nome de Plácido Betanzos, máis de 40 asociacións pronunciáronse publicamente, a través dun comunicado conxunto, para apoiar esta petición.

No documento remitido dende a comisión creada para a homenaxe polo cabo de ano do escritor, mestre e político -que terá lugar en xuño- sinalaron que agardan que este respaldo medre ata o medio cento de colectivos.