Ribeira lembrará á poetisa do Sar cunha lectura pública de textos

La Voz

RIBEIRA

MARCOS CREO

A actividade, que terá lugar o domingo, estará precedida dun espectáculo teatral para escolares e dunha sesión de contos

20 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Domingo • Praza do Concello de Ribeira • De 12.30 a 14.30 horas • O vindeiro domingo celebrarase o Día de Rosalía e para conmemoralo, en Ribeira levarase a cabo unha lectura pública de textos. Será desde as 12.30 ata as 14.30 horas e poderán sumarse todos aqueles veciños que o desexen. Para animar á poboación a participar, o grupo de música tradicional Andavía percorrerá as rúas da cidade.

A homenaxe a Rosalía de Castro inclúe tamén unha representación teatral a cargo de Ghazafelhos, que o venres verán medio cento de escolares, e unha sesión de contos da man de Polo Correo do Vento. Terá lugar o sábado (biblioteca, 12.00 horas) e está dirixida a nenos de entre 3 e 12 anos.