A maquinaria entra en acción co concurso de deseño de trofeos e medallas

La Voz

RIBEIRA

MARCOS CREO

A entidade celebrará hoxe unha asemblea importante, na que se decidirán as datas da festa e a cor do suadoiro

15 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Xa está en marcha a maquinaria para unha nova edición, a número 71, da Festa da Dorna. A Real e Ilustre Cofradía vén de publicar as bases para o concurso de trofeos e medallas, ao que poderán concorrer os artistas e os obradoiros de arte de Ribeira. O prazo para a presentación das propostas concluirá o 28 de marzo. Está previsto que a selección dos traballos gañadores se leve a cabo antes do 8 de abril. Coma sempre, haberá unha exposición antes de que arranquen as celebracións.

Ademais, a entidade celebrará hoxe (Casa do Mar, 20.30 horas) unha asemblea importante, na que se decidirán as datas da festa e a cor do suadoiro, ao tempo que se falará do certame do xite dorneiro.