Águeda Mariño: «Cada vez coñezo a máis mulleres electricistas»


Ribeira / la voz

Águeda Mariño Poza (Ribeira, 1977) é unha desas persoas cuxas decisións vitais supoñen grans de area no cambio desta sociedade. Despois de traballar máis dunha década como informática, agora cursa o ciclo de Instalacións Eléctricas no CIFP Coroso, sendo unha das dúas únicas mulleres que o fan. Ademais, compaxina os estudos coa maternidade, pois deu a luz o ano pasado.

-Que a levou a ser informática?

-Sempre me gustou esa profesión, dende cativa tiven interese e dedicáballe tempo libre. Cando rematei o bacharelato a maioría na aula eran homes, pero xa daquela no ciclo empezabas a ver máis alumnas e mestras.

-Sorprendeulle a alguén que agora estude electricidade?

-[Ri] Sobre todos ás persoas maiores, cando llo digo din cousas como: «Ai, mi madriña! E logo non había praza en Enfermaría ou algo así?». Pero sempre lles respondo que tamén hai caixeiros no supermercado, as diferenzas entre homes e mulleres son cousas do pasado.

-Cre que o terá máis complicado para acceder a un traballo que os seus compañeiros?

-Os homes adoitan ter máis facilidades en todos os ámbitos, sobre todo en empregos asociados a eles. Pero cada vez coñezo a máis mulleres electricistas e iso dáme ánimos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Águeda Mariño: «Cada vez coñezo a máis mulleres electricistas»