Carlos Louzao: «A aposta é o fútbol combinativo»

O adestrador do Carreira analizou os cambios no equipo de Terceira Galicia


Ribeira / La Voz

Carlos Louzao (Ribeira, 1966) xogou toda a vida no Carreira, a excepción de dous anos que militou no Ribeira, por iso segue ilusionado e ao cargo do proxecto do Carreira de Terceira Galicia que tomou a metade da tempada do curso pasado, pero esta vez á fronte dun renovado equipo.

-¿Houbo cambios este ano?

-O equipo mudou nun 80 %. Hai xogadores mozos e veteráns, pero priman as novas xeracións. Trátase de futbolistas que veñen das categorías base doutros equipos e da canteira do Carreira, estes últimos representan a metade dos 20 integrantes.

-¿Cales son os puntos fortes e fracos do conxunto deste curso?

-Debemos mellorar en defensa e, en xeral, a actitude de todo o equipo. Sen embargo, teño que resaltar que son deportistas que teñen calidade física e técnica, así como ganas de demostrar o que valen.

-Van penúltimos na táboa, ¿que metas se marcaron?

-Precisamente, a meta deste ano é non quedar de terceiros pola cola. Queremos mellorar o resultado da tempada pasada e medrar de cara ao futuro para que o proxecto continúe e a canteira teña cara onde avanzar. Temos mellor equipo e podemos competir, pero os cinco primeiros encontros foron contra os descendidos e os candidatos a ganar.

-¿A que quere xogar o Carreira?

-A aposta é o fútbol combinativo, para facer fútbol directo fan falla xogadores técnicos e non os imos desaproveitar. A estratexia está calando, polo menos, nos adestramentos. Tamén aposto por darlle minutos aos xuvenís. Se un rapaz me ofrece máis que un sénior vouno meter a el.

-¿A que rivais ve na pomada?

-Artes, Aguiño e Oleiros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Carlos Louzao: «A aposta é o fútbol combinativo»