O 80 % da flota de baixura forma parte da entidade

La Voz

RIBEIRA

28 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Ribeira ten un dos portos de baixura máis importantes de Europa e ese feito ten una tradución na confraría, xa que o 80 % da flota está adscrita á entidade.

Ao mesmo tempo, o pósito aglutina a un importante número de socios dedicados ao marisqueo, que se veu incrementado nos últimos tempos con novas altas, nalgúns casos, por parte de profesionais que compraron algunha embarcación en Ribeira ou que veñen traballar ás súas concesións, para o que deben darse de alta na entidade.

A confraría tamén ten unha vendeduría, encargada de comercializar as capturas dos barcos. Este persoal traballa agora nas instalacións da nova lonxa de Ribeira.