Cálida madeira

Manuel Gago
Manuel Gago VERMELLO CONTRA O MAR

RIANXO

Rehabilitación del pazo de Martelo de Rianxo, donde se ubica la biblioteca municipal
Rehabilitación del pazo de Martelo de Rianxo, donde se ubica la biblioteca municipal MARCOS CREO

Na arquitectura contemporánea de Galicia estase a facer algo máis interesante para reconciliarnos coa modernidade

13 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Non adoito posicionarme en cuestións relativas ao mundo entre cousas boas e malas’. Son categorías que poden funcionar para os contos infantís, pero o mundo é máis complexo.

Por exemplo, eu non sei o que é boa arquitectura, aínda que é unha expresión que se emprega con frecuencia para diferenciala da mala arquitectura, abofé que máis difícil de definir. E se concretar o que é mala arquitectura non é doado, tentar facelo coa boa aínda é peor, porque aí os criterios estéticos das persoas difiren moito máis. As formas rectilíneas da modernidade xeran discrepancias en persoas de gustos máis clásicos. Non é casual que moitos veciños definan con retranca moitos centros de saúde de recente construción coma «os tanatorios».

Porén, creo que na arquitectura contemporánea de Galicia estase a facer algo máis interesante para reconciliarnos coa modernidade: explorar as capacidades da madeira como elemento estrutural e decorativo. Dous dos últimos premios de arquitectura recibidos na comarca, o centro de hidroterapia de Outes e a biblioteca do pazo do Martelo en Rianxo, destacan polo seu uso deste material. Ti poslle madeira a un espazo habitado e a percepción existente cambia ao momento.

Será nostalxia ou será algo máis profundo. Sentimos que ese espazo é máis próximo, máis humano, aínda que a madeira veña de Noruega. Eu vexo nesas madeiras de calidade e nesa construción un camiño proveitoso, non só para vivir en espazos máis humanos, senón por crear un futuro sustentable para o noso monte.