Piragüismo Cambados, Breogán e P. Illa brillan na apertura do caiac de mar

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

RIANXO

03 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A Liga Galega de Caiac de Mar botouse á auga a pasada fin de semana en Rianxo. Nunha cita con 173 padexeiros, o Piragüismo Cambados finalizou terceiro na clasificación masculina por equipos. As breoganistas Marta Mourelos e Carme Devesa gañaron a proba de SS2 Sénior Feminina, con Avril Freire e Claudia Gestoso, do Piragüismo Illa de Arousa, terceiras. Adrián Boros, do Breogán, rematou segundo no SS1 Sénior.