![Imaxe de arquivo de Xosé Romero e Maruxa Miguéns](https://img.lavdg.com/sc/POiV2i_azMvWak1SbNQwsm_Vl0c=/480x/2024/03/01/00121709313841826830925/Foto/BM3C3F1_182155.jpg)
A corporación aprobou por unanimidade a proposta
01 mar 2024 . Actualizado a las 18:30 h.A corporación de Rianxo acordou, nun pleno celebrado a noite do xoves e a raíz dunha iniciativa defendida polo voceiro do BNG, Xusto Ordóñez, nomear fillos predilectos a Xosé Romero (a título póstumo) e a Maruxa Miguéns, gaiteiros e fundadores de Os Rosales, pola súa contribución cultural, por espallar o nome de Rianxo e por favorecer o nacemento doutras entidades.
O voceiro nacionalista leu un texto da asociación de gaiteiros no que se fundamentan as razóns polas cales ambas persoas merecen un recoñecemento público.
A cuestión foi apoiada pola totalidade das formacións, que destacaron o labor de Xosé Romero e Maruxa Miguéns.
Na sesión tamén se dou vía libre á concesión de catro licenzas de taxi. O rexedor, Julián Bustelo, solicitou o apoio dos grupos para que a concesión dos permisos poida facela a comisión de goberno e axilizar así os trámites. Unicamente o PP votou en contra de que non vaian a pleno.