Proxectos futuros
«É unha escusa, pero no bo sentido» di o compositor ao falar do que significa para el a música. Resalta que a el serviulle de pretexto «para viaxar, aprender». No referente ao futuro, adianta que escribiu unha peza de 15 minutos para instrumentos de percusión sen especificar, un reto proposto polo seu compañeiro xaponés. A peza estrearase en Xapón a finais deste ano.
Engade que ten preparado un novo concerto de piano electrónico que leva por nome: Brutaal. E para rematar, asegura que «está de camiño a próxima ópera».