Cartuchos nun búcaro

ANTONIO PIÑEIRO

RIANXO

Cartuchos nun búcaro, escultura de Che Tembra
Cartuchos nun búcaro, escultura de Che Tembra

26 mar 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Volve o noso prezado Che Tembra aos espazos públicos tras esta tempada de recollemento. Faino cunha mestura de obra recente e anterior, na sala vestíbulo do Auditorio de Rianxo, ata primeiros de abril.

Entre as súas xa coñecidas escenas literarias, reivindicativas, retranqueiras, irónicas, mordaces, memorísticas e libertarias, veñen desta vez unha serie de pezas coma esta das calas nun floreiro. Daquelas xa quedara dito a súa cara achega á equipaxe cultural da Galiza e da bisbarra coa peculiar interpretación, por exemplo, de coñecidas (ou propias) viñetas, na bigornia do seu oficio; ou un compromiso social poucas veces tan explícito.

Nas novas quixera reparar agora: un outro vieiro desa evolución propia de todo artista e que en cada obra, mesmo rematada, continúa a rebulir coma rabo de lagarto —que dixo o noso tamén admirado Cela— sen que se saiba cara a onde.