-Que ideas ten Asanog enriba da mesa?
-Seguir traballando en iniciativas relacionadas ca atención sanitaria ao paciente oncolóxico e a súa familia, levar a cabo campañas de divulgación e sensibilización do cancro infantil e fomentar a investigación. Somos unha asociación pequena pero con grandes obxectivos e moitas ganas de axudar.
-Que mensaxe lle trasladaría a unha familia que loita contra un cancro infantil?
-É difícil, porque no fondo non me gustaría ter que responder a esta pregunta. Aínda así, hai que lanzar unha mensaxe de positividade, trátase dunha loita dura e constante, pero cada vez con mellores resultados. Ante un cancro infantil é moi importante que as familias non se sintan soas, que non teñan medo en pedir axuda. Cada familia ten os seus tempos e hai que respectalos, pero cando o precisen, que conten con todos aqueles que están dispostos a botarlle unha man.