Enreguéifate premia as doce mellores improvisacións

La Voz

RIANXO

23 jun 2021 . Actualizado a las 04:55 h.

A improvisación oral en verso en galego ten premio co certame Enreguéifate, que onte deu a coñecer os gañadores da súa quinta edición nas súas dúas categorías, xeral e escolar, entre os 42 vídeos que se presentaron, 36 na categoría escolar e seis na xeral.

Na categoría xeral impuxéronse Chaminho e Arrieiro (máis diversa), As Canosa (máis reivindicativa), Regheifeiras de Pontragha (brava), Patty e Iván (aguda), Xurxo Souto e Óscar o Arrieiro (mellor falada) e Os irmáns Tato (mellor cantada). Pola súa parte, na categoría escolar resultaron gañadoras Patakas Bravas (máis brava), As Marías do Lamas (máis aguda), Pitifláuticos (diversa), Rimas coma balas (máis reivindicativa), 21 Garabullos (mellor falada) e Dúas moi galegas (mellor cantada). Os vídeos improvisados chegaron de trece concellos, entre eles, Ames, Santiago, Rianxo e Tordoia.