Julián Bustelo: «Hai unha sensación de fatiga no goberno»

M.G. RIBEIRA

RIANXO

CARMELA QUEIJEIRO

Rianxo en Común é moi crítico coa acción do executivo

11 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O voceiro de Rianxo en Común defende que a súa é unha oposición propositiva, pero tamén moi crítica cun executivo que «vemos absolutamente paralizado. Facemos unha comparación co mandato anterior e non houbo ningún avance. Os proxectos fundamentais están parados desde hai anos, e a eles súmanse novos problemas, o goberno tampouco soubo reaccionar para atender as necesidades xurdidas da pandemia, e a nivel político houbo un retroceso no diálogo. Hai unha sensación de fatiga no goberno».