O Concello de Rianxo apraza as actividades previstas para os vindeiros días

M. X. B.

RIANXO

MARCOS CREO

Deixa sen data de momento a presentación do libro de Xosé Luís Axeitos e o concerto de 2naFronteira

27 ene 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Rianxo tiña programadas para este fin de semana dúas actividades no marcos dos Actos Castelao. Unha delas, impulsada desde Barbantia, era a presentación de Aproximacións a Manoel Antonio, a cargo do escritor local Xosé Luís Axeitos. Aínda que se analizou a posibilidade de seguir adiante coa proposta, aínda que pechándoa ao público e ofrecendo a posibilidade de seguila a través de Internet, finalmente optouse por adiala, sen poñerlle de momento unha nova data.

Tamén foi aprazado o concerto que 2naFronteira ía ofrecer o sábado para presentar o seu traballo Arredor de Nós.

Todo indica que correrán a mesma sorte as dúas actividades que, no marco dos Actos Castelao, foran fixadas para o fin de semana seguinte: a presentación dos libros Un señor elegante, de Suso de Toro, e de Castelao. Construtor da nación. Tomo II, 1931-1939, de MIiguel Anxo Seixas.