Finou Xilberto Figueira, activista social e responsable do BNG de Rianxo nos anos 90

O rianxeiro tiña 69 anos e sempre estivo moi vinculado a colectivos da súa parroquia, Leiro

Xilberte Figueira, en una foto de archivo de su época como presidente de la asociación de vecinos de Leiro
Xilberte Figueira, en una foto de archivo de su época como presidente de la asociación de vecinos de Leiro

Ribeira

Xilberte Figueira Ignacio levaba anos vinculado ao BNG de Rianxo, pero foi sempre, ante todo, un activista social, involucrado en colectivos de distinto tipo na defensa do común. Foi durante anos, entre as décadas dos 90 e os 2000, presidente da asociación de veciños de Leiro, a súa parroquia, formou parte tamén da directiva da comunidade de montes e da comisión que loitou para conseguir a ampliación do cemiterio. E nos últimos anos apoiou activamente causas como a da reclaración do centro de día para Rianxo ou as demandas dos emigrantes retornados.

No eido político foi tamén unha figura destacada. Nos inicios da democracia foi candidato do Partido Comunista en Rianxo, e chegou a ocupar un asento no salón de plenos como concelleiro. Máis tarde deu o salto ao nacionalismo, foi responsable local do BNG nos anos 90 e formou parte dalgunhas listas da formación frentista, á que sempre seguiu vinculado.

Onte rematou a súa loita social, e desde distintos ámbitos comezaron a chegar mensaxes de loito e condolencia para a súa familia, que o despedirá mañá cun funeral na igrexa parroquial de Santa María de Leiro. Está previsto que o seu cadaleito saia do tanatorio de Rianxo ás 12.30 e, tralo oficio relixioso, será incinerado na intimidade familiar.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
31 votos
Comentarios

Finou Xilberto Figueira, activista social e responsable do BNG de Rianxo nos anos 90