O escritor de Rianxo Xosé Ricardo Losada gaña o Premio Torrente Ballester

RIANXO

Xosé Ricardo Losada
Xosé Ricardo Losada marcos creo

A novela, titulada «O rosario e a buguina» versa sobre a relación de Manuel Antonio con súa nai

04 dic 2020 . Actualizado a las 15:19 h.

O Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega xa ten novo gañador. Trátase do escritor e mestre de Rianxo Xosé Ricardo Losada, coa novela O rosario e a buguina. A obra recrea os últimos meses de vida do poeta rianxeiro Manuel Antonio e o conflito que ten coa súa nai por motivos relixiosos.

O xurado que escolleu a obra de Losada estaba integrado polos gañadores da edición anterior, o autor afincado en Barbanza Antón Riveiro Coello e Álex Alonso, así como pola xornalista Susana Pedreira e as escritoras Inma Otero e Beatriz Maceda. O presidente do tribunal foi Xurxo Couto e a xefa de servizo de Cultura da Deputación da Coruña, Mercedes Fernández, foi a secretaria. 

Os integrantes do equipo encargado de escoller a obra premiada este ano destacaron a potencia da historia que narra O rosario e a buguina. Deste xeito, o xurado indicou que «a novela constrúe a trama coa alternancia de voces pola que a historia se relata desde a nai ou desde o propio Manuel Antonio cunha eficaz construción de personaxes e unha escrita coidada». Tamén sinalou que a obra leva a reflexionar sobre a  incomprension da figura do artista no ámbito familiar.