A Feira do Libro de Rianxo dixo adeus a súa edición máis atípica


Ribeira / la voz

A literatura gañou a batalla ao coronavirus en Rianxo. Sen embargo, a crise sanitaria e as súas consecuencias estiveron moi presentes nesta oitava edición da Feira do Libro, onde as máscaras, os xeles e as distancias de seguridade provocaron que fose una festa literaria un pouco atípica. A pesar de todo, a cita contou con postos de media ducia de librarías e coa presenza dalgúns dos autores máis destacados do momento. Foron catro días nos que se sucederon as presentacións e as sinaturas de libros.

Como colofón a esta feira, onte pasou polos postos situados no Campo de Arriba o escritor Antonio Piñeiro, que abriu a xornada co seu libro Celada (Edicións Xerais). Tamén pola mañá contouse coa presenza de Eduardo Estévez, que falou do proceso de creación de [sen fin].

Xa pola tarde, a festa literaria seguiu coa participación da boirense Charo Lopes e o seu último traballo Álbum, que mestura poemas e fotografías. Pola súa banda, César Lorenzo e Jorge Campos presentaron Atlas da Galicia pequeniña, mentres que Víctor Vázquez fixo o propio coa súa obra Los días siguientes.

Para despedir esta Feira do Libro de Rianxo, nada mellor que contar con alguén da casa, e por iso a escollida foi Esther Carrodeguas. A rianxeira encargouse de poñer o punto e final a esta oitava edición dunha cita literaria un pouco descafeinada.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Feira do Libro de Rianxo dixo adeus a súa edición máis atípica