Novo desembarco literario en Rianxo con cinco escritores

Abel Tomé e Maite Mosconi entre os autores que visitarán hoxe a Feira do Libro


A Feira do Libro que o pasado xoves comezaba en Rianxo entra no seu ecuador cun novo desembarco de escritores, varios deles barbanceses. É o caso do veciño de Outes Abel Tomé, que ás 12.00 estará asinando exemplares do seu libro A noite do lobo, editado por Galaxia. Unha hora despois está prevista a presenza no Campo de Arriba de Andrea Fernández Maneiro, que se atopa divulgando Migratoria.

La piedra del destino e El guardián de las flores son os volumes cos que se achegará a Rianxo Rober H. Cagiao ás 19.30 horas. Logo, visitarán a feira Nazaret López e Maite Mosconi, que asinarán exemplares de Formigas no pés e Guerreiras de lenda, respectivamente.

Ademais, entre as 12.00 e as 14.00, así como desde as 18.30 ata as 22.30 horas, veciños e visitantes poderán percorrer os postos que teñen instalados as librarías Pedreira, Ler, Cándido, Ben, A Gata Tola e Cortizas. Todas elas ofrecen descontos do 10 % na adquisición dos seus produtos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Novo desembarco literario en Rianxo con cinco escritores