Oito locais hostaleiros de Rianxo servirán o Caldo de Gloria

M. X. B. RIBEIRA

RIANXO

marcos creo

O xoves haberá un acto institucional con lectura de pregón, ofrenda floral e recitado de poemas

20 feb 2020 . Actualizado a las 15:31 h.

Abuín, Parrillada Ourense, O Costillar, Braisa, Atalaia, O curral do Marqués e Santa Columba son os locais hostaleiros de Rianxo que a vindeira semana lle renderán homenaxe a Rosalía de Castro ofrecendo a posibilidade de degustar o Caldo de Gloria. A maiores, este produto tamén estará a disposición dos interesados no IES Félix Muriel.

A degustación desenvolverase entre o luns e o xoves, no marco dun programa que inclúe para esta última xornada, dúas actividades máis ideadas polo instituto rianxeiro. A primeira delas consistirá no reparto, por parte dos alumnos, de versos da escritora de Padrón. A segunda, fixada para as 10.30 horas, será unha homenaxe no busto da autora que está no Paseo da Ribeira. Helena Villar Janeiro lerá un pregón, ao que lle seguirá a colocación dunha coroa de loureiro. Os estudantes do Félix Muriel pecharán a proposta con versos e pezas musicais.