A homenaxe a Castelao terá presenza grovense

La Voz

RIANXO

MONICA IRAGO

Os actos serán o 2 de febreiro en Rianxo

27 ene 2020 . Actualizado a las 19:44 h.

2 de febreiro • 11.30 horas • Concello de Rianxo • Acto aberto ao público • Como é habitual, a vila de Castelao acollerá os actos do aniversario do seu nacemento, no que se darán cita representantes de partidos, fundacións e asociacións vinculadas co galeguismo e á diáspora. E O Grove volverá a estar presente nas persoas do secretario xeral do Partido Galeguista, Francisco López Chesqui, e do escritor e ex concelleiro Antón Mascato, que exercerá de mantedor no acto.

Logo das intervencións no salón de plenos do Concello rianxeiro, a comitiva sairá ao exterior, onde o actor Suso Martínez interpretará a Castelao e declamará un fragmento dos seus textos escritos en Nova York e Arxentina, recollidos en «Sempre en Galiza».