O BNG arranca o curso político en Rianxo coa satisfacción do regreso de Galicia ao debate político estatal

Ana Pontón situou a reducción da tarifa eléctrica, a defensa do mar, o rexeitamento da mina de Touro e a transformación da política forestal entre as prioridades da formación


ribeira

Como vén ocorrendo desde hai xa varios anos, o BNG celebrou o arranque do curso político en Rianxo, coincidindo co 70 cabodano da morte de Castelao. Pero, nesta ocasión, a formación chegou á vila barbancesa con ánimos renovados. O motivo, o regreso do Bloque ao Congreso: «Galicia volve a estar presente no debate político; do que non se fala, non existe, e hoxe Galicia existe», sinalou a recén proclamada candidata ás vindeiras eleccións autonómicas, Ana Pontón.

Coa presenza entre o público de Néstor Rego, a voceira do BNG fixo referencia ao acordo de investidura asinado co PSOE, apuntando que se trata dun «acordo histórico para Galicia que deixa espido a Feijoo, pois o Bloque conseguiu máis nun mes que el en dez anos desde a Xunta». Dos puntos dese acordo destacou o abaratamento das peaxes da AP-9, o incremento dos recursos para as personas dependentes, as melloras para os emigrantes retornados, o compromiso para sanear as rías e o aumento dos medios para a loita contra a violencia de xénero.

Do mesmo xeito, Ana Pontón avanzou os que serán os puntos clave do programa do BNG de cara ás vindeiras eleccións autonómicas e que pasan por conseguir un prezo xusto para a enerxía eléctrica, plantarlle cara ao modelo europeo sobre a pesca, rexeitar a mina de Touro e cambiar a política forestal: «Non podemos seguir vendo como se hipoteca o futuro por unha empresa como Ence. Non pararemos ata que saia da ría de Pontevedra».

O BNG encomendouse en Rianxo a Castelao, definido polo rexedor local, Adolfo Muíños, coma «o noso principio e o noso fin», para cumprir e facer cumprir esa axenda galega, una axenda «petada», como dixo o alcalde, «despois de anos de silencio».

Antes das intervencións, Ana Pontón, Adolfo Muíños y Mercedes Rodríguez depositaron un ramo de flores diante do busto de Castelao situado no paseo da Ribeira. O rexedor loca exercera previamente de guía dunha ruta por diferentes espazos vinculados ao escritor e galeguista, como varias casas nas que residiu en diferentes etapas da súa vida; o restaurante Feliciano, onde se escoitou por vez primeira a canción que deu pé á actual Rianxeira; ou a praza Rafael Dieste, onde xogaba de neno.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Tags
Comentarios

O BNG arranca o curso político en Rianxo coa satisfacción do regreso de Galicia ao debate político estatal