Rianxo réndelle homenaxe a Castelao cun variado programa cultural

Ricardo de Barreiro, Héctor Pose e José Carou presentarán os seus libros, ao tempo que Vou Films estreará unha curta


ribeira

Rianxo volverá a renderlle este mes homenaxe a Castelao, coincidindo co aniversario tanto do seu nacemento como da súa morte. En colaboración con diversas entidades, o Concello deseñou unha ampla programación cultural, na que a literatura xogará un papel esencial. Están programadas de feito tres presentacións de outros tantos volumes.

A primeira chegará da man de Ricardo de Barreiro, que o vindeiro día 24 se achegará á vila rianxeira para falar do proceso de creación de A+A, un poemario que xira ao redor do amor. Esta actividade, que incluirá un recitado de versos, ten límite de prazas e os interesados en sumarse teñen que inscribirse enviando un correo a biblioteca@concelloderianxo.gal.

O 31 será Héctor Pose Porto o que desembarque en Rianxo convidado pola asociación Barbantia para debullar o contido da súa novela Escribirme. O acto, que coincidirá coa saída á luz do número 151 de A voz de Barbantia, incluirá unha intervención artística a cargo de Manuel Ayaso e unha actuación musical do cuarteto de frautas Leliñas.

E o 1 de febreiro será José Carou Rey o encargado de pechar este ciclo literario coa presentación do seu libro Desevelando a Ademar Escambia, co que gañou o certame Antón Avilés de Taramancos. Nesa mesma xornada terá lugar a tradicional ofrenda floral diante do busto de Castelao, que se completará cunha ruta por lugares vinculados ao escritor.

Audiovisual e gravado

O eido audiovisual tamén estará presente nestas xornadas na honra de Castelao. A produtora pobrense Vou Films estreará o 25 a curtametraxe O castelo da lúa, que conta coa participación dos actores Serxio Pazos e Miguel Pernas. No mesmo acto proxectarase outro traballo desta firma, As costureiras.

Tamén se enmarca neste programa a exposición Sempre en Galiza: homenaxe de artistas galegos, que xa se pode ver no auditorio, onde permanecerá todo este mes. É unha colección de estampas cedidas polo Museo do Gravado de Artes.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Rianxo réndelle homenaxe a Castelao cun variado programa cultural