Un infatigable colaborador


Xaquín España Fernández, nado na Burata (Taragoña) en 1961, pasou os seus primeiros anos a medio camiño entre a Burata e Rianxo. Pasa logo a residir en Cuvide (Taragoña) e, posteriormente, durante a súa adolescencia, pasa por Santiago e A Coruña, para acabar independizándose en Santa Cruz (Oleiros). Un cu inquieto, que o fará recalar máis tarde en Muxía, onde emprende unha nova faceta vital, e se converte en empresario do sector servizos: ergue un hotel de natureza, A Barca, previa rehabilitación do inmoble e acondicionamento da finca.

Tras varios anos transcorridos á fronte do negocio, volve ás súas orixes, pero agora recalando en Escarabote onde ten a súa residencia habitual. Sempre foi home de costa, e precisa ulir e sentir os salseiros do mar, o que tampouco lle impediu que, ocasionalmente, fixese estadías na media e alta montaña, para darlle satisfacción a esa necesidade vital de contacto coa terra nai.

Vinculado co mar

A súas raíces fixeron que parte do seu deambular profesional estivese nun primeiro momento vinculado co mar, tanto arredor das rías galegas como logo na mariña mercante. Da súa traxectoria como mariño dan boa conta a súa colección de cunchas, con exemplares procedentes dos sitios máis insospeitados.

É un gran artista, con amplos dotes para a bricolaxe. Sempre mantivo unha especial vinculación á terra, gusta das súas raíces e séntese navegante de longa travesía, pero con epicentro no solar que o viu nacer. Conta como anécdota que tivo aloxada no seu establecemento a toda unha raíña antes de selo. Sufriu en vivo e en directo a tremenda traxedia do Prestige que lle deixou un fondo pesar.

Colaborador

Tras o seu traslado a Boiro, foi un infatigable colaborador en numerosas andanzas, participando estreitamente co Centro Arqueolóxico do Barbanza ou coa Asociación o Faiado 2. Dende hai case un lustro está inmerso nun proxecto de clasificación, organización e exposición dun importante legado no que se mesturan múltiples elementos, dende a minaría, pasando polo marisqueo, a pesca ou o maquetismo.

Dende a súa asociación etnográfica Terra e Mar realiza un impagable labor de guía amateur, en colaboración co Concello de Boiro e co Centro Social de Cabo de Cruz.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Un infatigable colaborador