O barro

Carlos Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

RIANXO

08 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

penúltimo relator do sexto Foro de Rehabilitación esclareceu moitas dúbidas sobre a saúde e a arquitectura, que moitos de nós xa sospeitabamos e intuïamos. A triste realidade é que as casas que construímos neste século son culpables de moitas das enfermidades que padecemos, e ninguén quere abrir esa liña de investigación porque quen moven o mundo son multinacionais que viven de que nós enfermemos.

As casas están cheas de produtos tóxicos, son herméticas e impermeables. Estas tres condicións favorecen que pasemos enfermos gran parte da nosa vida. Comezando polo vidro, que cando era simple atraía o vapor de auga da respiración e non impregnaba nas paredes. Seguindo polas pinturas e vernices, que, ademais de ter compoñentes químicas, non deixan transpirar o ambiente e favorecen altas doses de humidade no interior, as 24 horas do día. Non falemos das instalacións eléctricas que colocamos a carón do cabeceiro da cama, que irradian toda a noite correntes ao noso cerebro, nin as carpintarías tan estancas que non nos deixan respirar máis que o radon que se nos coa na casa.

Levamos 50 anos construíndo mal e non queremos cambiar porque nos dá medo volver ao pasado, namentres nos países nórdicos levan 50 anos construíndo coma antes. A restauración de casas antigas e a construción de novas con barro en vez de ladrillo e cemento pódennos proporcionar 20 anos máis de vida saudable, porque o barro e o cal absorben as humidades que producimos ao respirar e cociñar, evitando as condensacións, mantendo unha humidade do 55 % no interior, previndo así enfermidades.