«Con escasos recursos e con vontade poden facerse cousas»


Ribeira / La Voz

Non hai unha razón que por si soa explique por que a bisbarra é unha especie de oasis no uso do galego, pero técnicos en normalización lingüística coma David Cobas, que traballa en Rianxo, teñen clara unha cuestión: naqueles concellos nos que se fai un traballo para promover a utilización da lingua nótase. Porén, iso non resulta doado porque os medios existentes son poucos: «Con escasos recursos e con vontade poden facerse cousas».

Cobas incide na importancia das persoas para traballar a prol do galego: «Ao final é a implicación de técnicos, políticos, familias e profesorado o que permite facer cousas con recursos moi pequenos. Aquí hai unha vontade tremenda, tamén do asociacionismo, e técese unha rede para unir esas vontades que frutifica». Neste sentido, o Concello de Rianxo participa en diversos proxectos que transcenden o ámbito municipal, como poden ser o programa Apego, Youtubeir@s ou o club de debate: «Son iniciativas que van conseguindo avances. Aquí ademais faise un traballo de coordinación cos centros de ensino, con outras concelleiras e con entidades, hai unha perspectiva integral».

O que non atina a explicar o técnico é por que nunhas vilas se fala máis galego que noutras da mesma contorna porque o labor que se fai dende os departamentos de normalización non abonda para explicar esta situación. Con todo, independentemente do seu funcionamento, considera que «onde se fai traballo a prol da lingua, nótase».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«Con escasos recursos e con vontade poden facerse cousas»