«Aquí falta a tradición de conservación que hai noutros países»


Ribeira / La Voz

O arquitecto Carlos Coto, responsable da oficina da área de rehabilitación de Rianxo, ten claro cal é a razón máis probable do derrubamento dunha vivenda: «Se non hai unha actuación externa ou un fenómeno natural como pode ser un terremoto, a fachada dunha casa cae por falta de mantemento e inspeccións». Recoñece que a falta de recursos dos propietarios e a carencia de medios das Administracións para levar a cabo as inspeccións pertinentes son a causa última da situación de abandono que sofren moitos edificios en toda a comarca, pero hai tamén outra cuestión: «Aquí falta a tradición de conservación que hai noutros países».

Coto móstrase contrario ás declaracións de ruína nos inmobles dado que «hai centos de normas que obrigan a mantelos en condicións» e explica que non sempre é posible acabar co problema de raíz ordenando o derribo dunha construción que cae a cachos: «En ámbitos de protección o que se fai é arbitrar medidas que garantan a seguridade e a conservación do inmoble».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

«Aquí falta a tradición de conservación que hai noutros países»