«Foron unhas festas con moita xente e moi bo ambiente»

La Voz

RIANXO

21 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Aínda faltaba por chegar un dos momentos máis agardados da Guadalupe, pero, na tarde de onte, o rexedor rianxeiro, Adolfo Muíños, valorou positivamente o transcurso dos festexos neste ano: «Foron unhas festas con moita xente e moi bo ambiente, había ganas de divertirse». O alcalde tamén se mostrou ledo de que despois de tantas xornadas non houbera que lamentar «ningún problema de seguridade e todo transcorrera sen incidencias salientables». Por outra banda, Muíños destacou a sorte que estaba a ter Rianxo co tempo, xa que «ata o de agora puideron celebrarse todas as actividades, algo que con sete días de festas é difícil de garantir». A falta de facer unha valoración completa, para o alcalde A Guadalupe non defraudou: «Vin as rúas cheas de xente e moita participación nas actividades e actuacións».