Reforzo de aparcamento e taxis para despedir A Guadalupe 2019

La Voz

RIANXO

20 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Na xornada de hoxe espérase que 25.000 almas entoen A rianxeira na praza de Castelao. Por iso, levarase a cabo un dispositivo especial de seguridade e, tamén, habilitaranse 3.000 prazas de aparcamento e reforzarase o servizo de taxis. En canto á seguridade, está previsto que durante a noite participen no operativo 14 policías locais e 20 axentes da Garda Civil de diferentes unidades. No caso do estacionamento, a Policía Local de Rianxo recorda que tamén estarán dispoñibles as 2.000 prazas habituais.