O Xantar Festeiro é a cita central dun día dedicado aos maiores


A xornada de hoxe estará dedicada aos maiores do municipio, que xa ás 12.00 horas verán como se celebra unha misa na súa honra. Tamén ás 12.00 comezarán os xogos tradicionais na praza da Manuela. A banda de música volverá actuar un día máis ás 13.00 horas na praza de Igrexa. Pola súa parte, Ciclomanía relevará a Abanico como agrupación encargada de amenizar a sesión vermú. Xa ás 15.00 dará comezo o Xantar Festeiro no pazo de Rianxiño, que contará co Trío Blanca Doble para o baile. Pola tarde, de cinco a sete, levarase a cabo un obradoiro de circo no paseo da Ribeira, mentres que ás 18.00 actuará a Banda de Música Cultural de Arcade. A charanga NBA percorrerá os bares e ás 19.30 haberá teatro na rúa. Na noite de hoxe, as orquestras Cilomanía e Assia amenizarán a verbena.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

O Xantar Festeiro é a cita central dun día dedicado aos maiores