Raquel Queizás falará do seu traballo en Rianxo

Participará en varias actividades ao longo de todo o día


A vila rianxeira continúa festexando a Semana do Libro Infantil e Xuvenil e hoxe contará coa presenza de Raquel Queizás, que pola mañá manterá un encontro cos alumnos de distintos centros educativos aos que lle presentará o espectáculo Cinema de historias, que mestura narración, teatro e cine. Xa pola tarde, ás 18.30 horas na biblioteca municipal, cambiará de rexistro para poñer voz a un contacontos sobre unha nena que quere ser aviadora, Queliña.

A esa mesma hora, pero no auditorio, tamén haberá un encontro coa autora Eli Ríos, que impartirá un taller sobre escritura creativa. O programa rematará ás 20.00 horas, nese mesmo lugar, coa presentación de Scripta manent, un acto ao que asistirán Adolfo Muíños, Ramón Veiga e Ana Rivas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Raquel Queizás falará do seu traballo en Rianxo