María Xosefa Comojo: «Apoiamos programas que enchan todas as aldeas de Rianxo de xente»

A última reivindicación na que estivo foi polo centro de día que provocou un peche de 314 días


ribeira/la voz

Rianxo é un pobo moi unido e, ao mesmo tempo, loitador. A última reivindicación feita polos seus veciños foi polo centro de día que provocou un peche de 314 días. De aí saíu unha plataforma que agora preséntase ás eleccións baixo as siglas de Compromiso por Galicia e que lidera María Xosefa Comojo Sobradelo (Rianxo, 1963).

-Como xurdiu a idea de presentarse ás eleccións?

-Foron moitos días pechados que deron para moito. Despois de conseguir que atenderan as nosas reivindicacións, acordamos presentarnos para consolidar a posta en marcha do centro de día e que non se esquecera.

-Entón ¿preséntanse para reivindicar o centro de día?

-Esa é a nosa prioridade. Temos medo a que iso se perda e ao final non se faga. Por iso creemos que debemos estar dentro do Concello.

-Pero levarán máis asuntos no programa.

-Temos un programa repleto. Queremos cambiar o Concello e poñer en marcha un paquete de medidas para favorecer o emprego e unha mellor atención para a terceira idade e os mozos.

-Como ve a caída de poboación?

-É preocupante. Nós apoiamos programas que enchan todas as aldeas de Rianxo de xente. Tamén queremos recuperar o antigo cine e o baile para uso e gozo dos rianxeiros e coidar a ribeira do mar, entre outras cousas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

María Xosefa Comojo: «Apoiamos programas que enchan todas as aldeas de Rianxo de xente»