A Semana do Libro de Rianxo arranca con Antonio García

Ribeira

RIANXO

Oscar Vazquez

Para a tarde hai programadas dúas actividades abertas ao público en xeral. A primeira, ás 18.30 horas, consistirá nun obradoiro a cargo de Kraken Animación

12 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Un encontro de estudantes con Antonio García Teijeiro, autor de obras como Poemar o mar e Paseniño paseniño que foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, marcará mañá o arranque en Rianxo da Semana do Libro, un ciclo de actividades que se prolongará ata o domingo. O escritor conversará con alumnos de primaria do municipio.

Para a tarde hai programadas dúas actividades abertas ao público en xeral. A primeira, ás 18.30 horas, consistirá nun obradoiro a cargo de Kraken Animación, que xirará ao redor da creación de historias animadas. Posteriormente, ás 20.00 horas, proxectarase Mulleres da raia, un documental que lle ofrece ao público unha viaxe cara as fronteiras entre Galicia e o norte de Portugal, que descorre entre o contrabando e a emigración clandestina. Tamén pon de relevo a loita pola supervivencia que tivo ás mulleres como protagonistas.