A USC celebra en Rianxo un curso sobre a lingua galega

A.L.

RIANXO

MARCOS CREO

As xornadas terá lugar entre o 25 e o 28 de xuño no auditorio municipal

07 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Galego, porta aberta para o mundo: lingua, pensamento e cultura na Galiza e Portugal é o título do curso de verán que la Universidade de Santiago (USC) celebrará do 25 ao 28 de xuño no auditorio de Rianxo. O prazo de matrícula para poder asistir a estas xornadas ?que están recoñecidas con dous créditos de libre configuración? comeza o 15 de maio e estará aberto ata o 14 de xuño.

Teresa Moure será a encargada de dirixir o curso, que incluirá a presentación do proxecto Axóuxere de Roberto Abuín, así como un obradoiro de danza galego-portuguesa impartido por Carme Campo e Chus Caramés, outro de teatro baixo as ordes de Afonso Becerra, e un concerto didáctico a cargo de Xurxo Varela.