Os Rosales unen a Arzúa con Rianxo

La Voz ARZÚA / LA VOZ

RIANXO

CEDIDA

O grupo de música tradicional recibiu o recoñecemento que cada ano lle fai a Festa da Gaita á traxectoria dunha agrupación

14 abr 2019 . Actualizado a las 05:05 h.

Os veciños de Arzúa estreitaron lazos musicais cos de Rianxo coa homenaxe que onte recibiron na terra do queixo Os Rosales. O grupo de música tradicional que forman o matrimonio entre Xosé Romero e Maruxa Miguéns, xunto cos seus tres fillos Mario, Pepe e Sandra, recibiu o recoñecemento que cada ano lle fai a organización da Festa da Gaita Galega a traxectoria dunha agrupación que escribiu, como é o caso, un destacado capítulo da historia da música e folclore populares da comunidade. Os rianxeiros recibiron o aplauso unánime dos varios centos de persoas que asistiron a unha comida de confraternidade, logo da que deron comezo o tradicional concurso de cantos de taberna polos establecementos de hostalaría da localidade.

Máis dunha trintena de formacións de música tradicional galega, procedentes de diferentes concellos da comunidade e mesmo doutras rexións como Cantabria e do País Vasco, puxeron música en Arzúa dende media tarde ata ben entrada a noite.