Julián Bustelo: «O pobo morre se non hai comercio local»

Aposta por medidas para reflotar a economía do concello, tanto na zona urbana como na rural


Ribeira / la voz

Leva traballando desde hai catro anos cos compañeiros de Rianxo en Común, pero ata hai poucas semanas non se decidiu a encabezar a candidatura. Arqueólogo de profesión, Julián Bustelo (Rianxo, 1994) salta á primeira liña da política cun obxectivo claro: poñer en marcha todas as propostas que levaron no seu programa electoral no 2015 e que aínda non conseguiron ver a luz, «a pesar de que moitas foron aprobadas por unanimidade nos plenos».

-Que o levou a presentarse?

-Por un lado, e a nivel xeral, vivimos nun contexto de represión das liberdades e dos dereitos das persoas que nos obriga a dar un paso adiante. E no ámbito municipal, cremos que o noso traballo nestes catro anos foi moi bo, e pensamos que se poden facer cousas, aínda que sexan pequenas, pero que son moi importantes para mellorar a calidade de vida dos veciños.

-Xa está confeccionada a lista?

-Faltan só pequenos matices, pero practicamente está pechada. A verdade é que hai moita renovación, empezando porque dous dos tres primeiros nomes da candidatura son novos, incluído eu. Está claro que nun sitio relativamente pequeno como Rianxo é moi difícil manter un grupo de traballo numeroso durante catro anos. Non obstante, nós mantivemos as reunións semanais e foi entrando xente nova que se uniu ao proxecto, e iso sempre é positivo.

-Cal é o principal problema de Rianxo na actualidade?

-Son moitos, non é un só. Eu penso que o principal é a dificultade para poñer en práctica un plan dinamizador da economía. Se dás unha volta pola vila só ves locais pechados, é un drama para a persoa que ten que pechar o negocio, pero tamén para Rianxo, o pobo morre se non hai comercio local. Hai que poñer incentivos para axudar aos autónomos e ás pequenas empresas, ademais de revitalizar o polígono industrial, que está practicamente paralizado. Tamén a zona rural está bastante descoidada, e un bo exemplo diso foi o incendio que durou 40 horas e case arrasou todo Rianxo. Temos un monte inmenso, a materia prima, pero non o sabemos explotar e está descoidado.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Julián Bustelo: «O pobo morre se non hai comercio local»