Esgotadas as entradas para o concerto que Sés ofrecerá en Rianxo

A cantante presentará o sexto traballo arroupada por Tito Calviño, á guitarra, e por Sabela Galbán, co acordeón e coa frauta


Mañá • Auditorio de Rianxo • 21.00 horas • Estreou colgando o cartel de completo o seu novo disco, Rabia ao silencio, na Coruña e en Pontevedra, e Sés tamén conseguirá un cheo na presentación do disco en Rianxo. A primeira hora da tarde de onte anunciábase que as entradas, que levaban un tempo á venta de forma anticipada, estaban esgotadas.

A artista, considerada o maior fenómeno da música galega actual, propón un traballo acústico, máis íntimo e directo, para traer á Galicia actual xoias que no pasado chegaron de Cuba, Arxentina ou Brasil, así como de diferentes puntos de España. Son cancións adaptadas ao galego que foron semente ou crónica de grandes movementos sociais do século XX.

Trátase do sexto traballo da artista, que se atopa de xira arroupada por Tito Calviño, á guitarra, e pola rianxeira Sabela Galbán, co acordeón e coa frauta.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Tags
Comentarios

Esgotadas as entradas para o concerto que Sés ofrecerá en Rianxo