Eva Regueira: «É necesaria unha liga intermedia»

A rianxeira leva case unha década nas filas do EFM Boiro


Eva Regueira (Rianxo, 1991) chegou ao Boiro feminino hai case unha década. Xogadora de carácter, disciplinada tacticamente e con bo pé, foi facéndose un oco no once titular pouco a pouco. Hoxe é capitá dun bloque que loita co Chispa polo título de liga e por dar o salto de categoría.

-Están facendo unha campaña espectacular. Estará contenta.

-Non podemos queixarnos [ri], pero aínda podía ser mellor.

-¿Vense con posibilidades de coller ao Chispa?

-Debe pinchar en dous encontros. Temos que enfrontarnos a elas e ganarlles, pero non dependeriamos de nós mesmas. Na ida caemos 1-4, tivemos opcións para poñernos por diante, pero non fomos quen de materializalas e pagámolas na segunda metade.

-¿Cal é a vosa meta?

-É a de ascender de categoría, pero coa condición de que a federación faga unha competición nova. O salto de segunda a primeira é moi grande. É necesaria unha liga intermedia. A maiores, no equipo temos moitas rapazas de 14, 15 e 16 anos e queríamos que se adaptaran ao vestiario.

-O ano pasado tocoulles sufrir bastante en primeira.

-Fíxosenos grande a categoría. Hai moito nivel, con equipos que baixan de Liga Nacional. Son bloques dunha idade media maior á nosa. O cambio nótase, tanto no aspecto táctico como físico. Este ano vémolo porque hai rivais que non están acostumadas a que as apertes ou lle metas o corpo.

-Este é o seu primeiro curso como capitá. ¿Que tal o leva? -Moi ben. O brazalete é unha responsabilidade, pero non teño que esixir compromiso ás compañeiras, están dando o máximo.

-O fútbol feminino segue medrando na comarca.

-É unha boa noticia, pouco a pouco ábrese a todo o mundo. Antes podía haber máis dúbidas nunha familia para deixarlle xogar a unha nena cos rapaces, pero agora xa non é así. Iso si, gustaríame ver equipos de nenas na base, pero aínda é pronto.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Tags
Comentarios

Eva Regueira: «É necesaria unha liga intermedia»